Estación de tren de Delft Sur
From Wikipedia, the free encyclopedia
A estación de tren de Delft Sur (en neerlandés: Station Delft Zuid) é unha estación de ferrocarril da vila surholandesa de Delft, nos Países Baixos, situada na liña entre A Haia e Rotterdam, que presta servizos ás poboacións dos distritos de Tanthof e Voorhof, no sur da cidade. Ten case 5.000 usuarios diarios.[1]
Datos rápidos Situación, Servizos ...
Estación de tren de Delft Sur (Station Delft Zuid) | |
---|---|
Plataforma 2 da estación de Delft Sur, de onde parten os trens cara a Rotterdam | |
Situación | Delft Holanda Meridional Países Baixos |
Servizos | |
Liñas | |
Cercanías | Liña Ámsterdam-Rotterdam da Nederlandse Spoorwegen (NS): Sprinter 5000 Sprinter 5100 |
Intermodalidade | |
Taxi | Si |
Alugueiro de bicis | Si |
Na rede | |
Páxina web |
Pechar
Non confundir con Estación de tren de Delft.
A estación, inaugurada o 31 de maio de 1970, está debaixo do viaduto Kruithuisweg, desde o que se pode acceder ás plataformas mediante unhas escaleiras.