Exipto nos Xogos Olímpicos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Exipto participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1912, e dende entón enviou deportistas para competir na maioría das edicións dos Xogos de Verán. Xunto con Iraq e o Líbano, Exipto boicoteou os Xogos de 1956 en protesta da invasión tripartita israelí, británica e francesa de Exipto na guerra de Suez. Porén, as probas de hípica celebráronse en Estocolmo cinco meses antes (debido a regulacións de corentena australiana), e tres xinetes exipcios competiron alí. Exipto retirouse dos Xogos Olímpicos de 1976 após tres días de competición para unirse ao boicot africano en resposta á participación de Nova Zelandia, quen daquela aínda mantiña ligazóns deportivas coa Suráfrica do apartheid. Exipto tamén participado no boicot liderado polos Estados Unidos aos Xogos de 1980. A única participación de Exipto nos Xogos de Inverno foi cun só esquiador alpino en 1984.
Exipto nos Xogos Olímpicos | |||||
---|---|---|---|---|---|
Código COI | EGY | ||||
Comité nacional | Comité Olímpico Exipcio www | ||||
Medalleiro |
|
Os deportistas exipcios gañaron un total de 38 medallas, sendo a halterofilia o deporte que máis medallas lle reportou ao país.