escritor e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Fernando Pérez-Barreiro Nolla, nado en Ferrol en 1931 e finado en Lancaster (Inglaterra) o 4 de xaneiro de 2010, foi un escritor e tradutor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1931 Ferrol, España |
Morte | 4 de xaneiro de 2010 (78/79 anos) Lancaster, Reino Unido |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | tradutor |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Pai | Fernando Pérez Barreiro |
Premios
| |
Fillo do escritor e avogado Fernando Pérez Barreiro, licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Sumouse ao ambiente galeguista da capital galega, e grazas a estas relacións consegue un posto de traballo na emisión en galego da radio da BBC británica, onde compartirá espazo con Plácido Castro. Múdase entón a Londres en 1963 e alí traballará para os servizos exteriores da BBC ata 1969, onde empregou o pseudónimo Fernando Nolla[1].
Posteriormente incorporouse como tradutor á Organización Internacional do Café, onde traballou ata a súa xubilación en 1993 e onde seguiu colaborando durante varios anos con posterioridade. Nese tempo licénciase tamén en lingua e literatura chinesa pola universidade de Westminster, e realiza unha estadía en 1982 en Pequín.
Na década dos noventa exerceu como profesor universitario de tradución na universidade de Westminster e na universidade do Val do Támese. A súa relación con Galicia mantívose a través das traducións do inglés ao galego e do seu labor como membro do consello asesor do IGADI. Tamén escribía con regularidade para publicacións galegas, como A Nosa Terra e Tempos novos.
Como tradutor, levou a Shakespeare por primeira vez ao galego, en 1972, co Macbeth, e tamén foi pioneiro na tradución de obras chinesas ao galego. Tamén traduciu Alicia no país das marabillas e Alicia do outro lado do espello (Lewis Carroll), a canda a súa dona Teresa Barro, e o primeiro deses títulos valeulle o premio Nacional de Tradución de Libros Infantís e Xuvenís, a nivel estatal.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.