Festival Intercéltico de Lorient
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Festival Intercéltico de An Oriant (en bretón: Gouelioù Etrekeltiek An Oriant, en francés: Festival Interceltique de Lorient) é un festival de música celta que se celebra na cidade do mesmo nome, na Bretaña. O festival é un punto de encontro das nacións celtas, no que a cultura, música e tradicións dos diferentes países se dan cita. Ten lugar nos primeiros días de agosto e é o maior acontecemento destas características no mundo tendo unha duración de dez días.
Festival Intercéltico de Lorient | |
---|---|
Kevrenn Alre, un grupo musical bretón. | |
Localización | Lorient, Bretaña |
Anos | 1970 - presente |
Nº edicións | 35 |
Fundadores | Polig Monjarret |
Data | Primeira semana de agosto |
Xénero | Música celta |
Organizador | |
Web oficial | http://www.festival-interceltique.bzh/ |
Na rede |
Creouse en 1971 para acoller a competición nacional de bagad. Nos anos seguintes, deveu nun festival do interceltismo para diferenciarse doutros festivais semellantes da rexión. A partir de finais da década de 1990 converteuse nun dos festivais de música máis importantes de Francia por número de visitantes, acollendo a máis de 800 000 persoas e con 115 000 entradas vendidas no 2010.
A programación do festival está enfocada a concertos, espectáculos e danzas. Tamén é a sede de competicións musicais, como o campionato nacional de bagad, de bailes como os da federación War 'l leur. Tamén se organizan outros eventos como desfiles e actividades culturais. Ten unha importante influencia no territorio, tanto no eido económico coma no eido dos medios. O festival funciona como un actor cultural, permitindo a creación e a difusión da cultura da Bretaña e das nacións celtas.
As nacións participantes son: Irlanda (Éire), Escocia (Alba), Bretaña (Breizh), Gales (Cymru), illa de Man (Mannin), Cornualla (Kernow), Galicia e Asturias (Asturies). Dende o ano 2000, nomeado Ano do mundo celta vense engadindo representacións de países con forte emigración dos países celtas como EEUU, Australia, Nova Zelandia, Arxentina, México, e até Romanía e Italia.
Unha particularidade do festival é que cada ano está adicado a un país celta do mundo sendo en 2007 o ano de Escocia, o 2006 o de Australia e o 2005 o de Irlanda. No 2008 estivo adicado a Gales, no 2009 a Galicia e no ano 2010 á Bretaña.
O director artístico do festival é dende 2007 Lisardo Lombardía, que substituíu a Jean Pierre Pichard, creador do festival.