Festival de Eurovisión 2004
From Wikipedia, the free encyclopedia
O XLIX Festival da Canción de Eurovisión tivo lugar o 12 de maio de 2004 e 15 de maio de 2004, en Istambul, Turquía. Os presentadores da gala foron Meltem Cumbul e Korhan Abay, coa colaboración especial da gañadora do certame anterior, Sertab Erener. O escenario simbolizaba a arte turca, á vez que facía alarde do lema do festival "Under the same sky" (Baixo o mesmo ceo).
Festival de Eurovisión 2004 Under the same sky | |
---|---|
Datas | |
Semi-final | 12 de maio |
Final | 15 de maio |
Anfitrión | |
Lugar | Abdi İpekçi Arena, Istambul, Turquía |
Presentador(es) | Meltem Cumbul Korhan Abay |
Televisión anfitrioa | |
Participantes | |
Participantes | 36 |
Países que debutan | Albania Andorra Belarús Serbia e Montenegro |
Países que retornan | Dinamarca Finlandia Lituania Macedonia do Norte Mónaco Suíza |
Mapa
| |
Votacións | |
Cero puntos | Suíza (semifinal) |
Canción gañadora | "Wild Dances" |
Festival de Eurovisión | |
◄2003 2005► |
Un total de 36 países competiron no festival, o que supoñía o récord de participantes nese momento. Foi o primeiro festival que contou cunha semifinal e polo tanto organizouse en dous días: unha rolda eliminatoria (mércores) e a gran final (sábado). Baixo este novo formato, os países diretos á final foron Reino Unido, Francia, Alemaña e España (Big Four, como maiores contribuíntes financeiros da UER), Turquía (como gañadora do Festival de Eurovisión 2003) e os nove países restantes con maior puntuación en 2003.
Foi o primeiro festival en empregar o logotipo xenérico consistente na verba Eurovisión coa V convertida nun corazón, en cuxo interior figura a bandeira do país organizador.