Florilexios e códices botánicos
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
En botánica, a palabra florilexio aplícase a unha colección de pinturas de plantas detalladas e precisas, realizadas por ilustradores botánicos a partir de exemplares vivos. Os florilexios son algúns dos libros máis caros de producir debido ao gran traballo que implica a súa creación, mediante litografías, impresións e pintura a man.[1] Denomínase códice un documento co formato dos libros modernos, de páxinas separadas pero encadernadas. Tecnicamente calquera libro moderno é un códice, porén o termo latino utilízase só para os libros escritos no período que abarca desde a Antigüidade até a fin da Idade Media.[2] Neste anexo lístanse cronoloxicamente algúns florilexios e códices botánicos desde antes da era cristiá até o século XIX.