Foro
páxina de homónimos de Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
O termo foro pode referirse a:
- Foro, contrato esencialmente agrario e de longa duración, mesmo perpetuo, polo cal unha persoa ou institución lle cede a outra o uso dun ben a cambio dunha renda e cunhas condicións estipuladas. Tamén se denomina foro o canon ou mercadoría con que se pagaba anualmente ese arrendamento, e a propiedade cedida a cambio do pagamento do canon foral.
- Foro, privilexio ou exención que unha autoridade concedía a un determinado territorio, rexión, vila ou a unha familia ou persoa.
- Foro, praza das urbes da antiga Roma que constituía o centro da vida pública, o exemplo máis salientable é o do Foro Romano, a cerna da cidade de Roma. Por derivación, este termo deu lugar a numerosos foros:
- O foro, praza onde se trataban os negocios públicos e onde o pretor celebraba os xuízos durante o Imperio romano
- Foro, lugar onde un tribunal de xustiza exerce as súas funcións.
- Foro, ou curia, conxunto de avogados, procuradores e empregados da administración de xustiza.
- Foro, tipo de reunión onde distintas persoas discuten en torno a un tema de interese común. É, esencialmente, unha técnica de comunicación oral, pero tamén pode ser virtual:
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de foro |