Galaxia elíptica
From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha galaxia elíptica é un tipo de galaxia, cunha forma aproximadamente elipsoidal e unha imaxe suave e case sen trazos característicos. De xeito distinto das galaxias espirais en que hai organización e estrutura, as galaxias elípticas están distribuídas mais igualmente entre as tres dimensións do espazo, sen posuír moita estrutura. As súas estrelas posúen órbitas aleatrias, en contraste coas órbitas planas e organizadas das galaxias espirais. A gran maioría desas galaxias teñen pouco gas, pouco po e poucas estrelas novas. Dunha forma máis expresa, parécense moito ao núcleo e ao halo das galaxias espirais. Algunhas son moi alongadas e outras moi planas se se ven desde a Terra.
A pesar de parecer simples, crese que as galaxias elípticas sexan o resultado da unión complexa de dúas ou máis galaxias espirais.