Gastrina
hormona humana que estimula a secreción de ácido clorhídrico / From Wikipedia, the free encyclopedia
A gastrina é unha hormona peptídica humana que estimula a secreción de ácido clorhídrico (HCl) no estómago por parte das células parietais da parede estomacal e favorece a motilidade gástrica. Libérase polas células G no antro do estómago, duodeno, e páncreas. Únese aos receptores de colecistoquinina B das células similares ás enterocromafíns (células ECL), estimulando a produción de histaminas, e induce a inserción de bombas ATPase K+/H+ na membrana apical das células parietais (o cal, á súa vez, incrementa a liberación de H+). A liberación desta hormona é estimulada pola presenza de péptidos na luz do estómago.