Gran Premio de España
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Premio de España é unha carreira válida para o campionato de Fórmula 1 e actualmente dispútase no Circuíto de Cataluña, en Barcelona, España. A carreira é unha das máis antigas do mundo aínda que con polémica, celebrou o seu centenario en 2013. A carreira tivo un comezo modesto como unha carreira de coches de serie. Interrompida pola primeira guerra mundial, a carreira esperou unha década para a súa segunda carreira antes de converterse nun elemento básico do calendario europeo. Foi promovido á Campionato de Europa en 1935 antes de que a guerra civil española puxera fin á competición. A carreira foi restablecida con éxito en 1967 e regularmente forma parte do Campionato Mundial de Fórmula Un desde 1968 en distintos lugares.
Para o gran premio de motociclismo véxase: Gran Premio de Motociclismo de España.
Datos rápidos Tipo, Deporte ...
Tipo | evento deportivo recorrente |
---|---|
Deporte | deportes de motor |
Organizador | Federación Internacional do Automóbil |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Cataluña (Vallès Oriental) (1991–) 41°34′12″N 2°15′40″L |
Lonxitude | 4,675 km |
País | España |
Vixencia | 1913 – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Competición | |
Primeiro posto | Lewis Hamilton |
Outro | |
Páxina web oficial | circuitcat.com… |
Pechar