Gran Premio de Francia de 1985
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Premio de Francia de fórmula 1 de 1985 celebrouse no Circuíto Paul Ricard en Francia o 7 de xullo de 1985. Foi a sétima proba da tempada de Fórmula Un de 1985, o 63º Gran Premio de Francia, ou o 71º Gran Prix de l'ACF. A carreira disputouse sobre 53 voltas ao circuíto de 5´81 quilómetros para unha distancia total de carreira de 308 quilómetros.
Detalles da carreira | ||
---|---|---|
Carreira 7 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1985. | ||
Trazado do Circuíto de Paul Ricard | ||
Data | 7 de xullo de 1985 | |
Nome oficial | Grand Prix de l'A.C.F. | |
Localización | Paul Ricard, Francia | |
Percorrido | Circuíto permanente 5´810 km. km | |
Distancia | 53 voltas, 307´93 km | |
Clima | Seco | |
Pole position | ||
Piloto | Keke Rosberg | Williams-Honda |
Tempo | 1:32.462 | |
Volta rápida | ||
Piloto | Keke Rosberg | Williams-Honda |
Tempo | 1:39.914 na volta 46 | |
Podio | ||
Primeiro | Nelson Piquet | Brabham-BMW |
Segundo | Keke Rosberg | Williams-Honda |
Terceiro | Alain Prost | McLaren-TAG |
Esta foi a última vez que o circuíto longo de Paul Ricard foi utilizado para o Gran Premio de Francia. En 1986 foi utilizado o trazado máis curto de 3´813 quilómetros (versión "club") logo de que Elio de Angelis morrera nun fatal accidente no circuíto durante unha sesión de probas. Isto foi unha reacción instintiva dea FIA ao accidente, xa que se sabía que o circuíto non era o culpable do accidente. O alerón traseiro do Brabham BT55 de de Angelis rompera ao entrar a alta velocidade na curva Verriere ao final da recta de boxes, o que resultou nunha perda completa da carga aerodinámica na parte traseira do coche provocando que se bloqueara.
Nelson Piquet gañou a carreira pilotando un Brabham BT54 - BMW. Resultou ser a última vitoria do equipo Brabham na Fórmula Un. Tamén foi a primeira vitoria nun Gran Premio desde o seu regreso á Fórmula Un para o fabricante italiano de pneumáticos Pirelli. Piquet gañou a carreira con seis segundos sobre gañador da pole Keke Rosberg que pilotaba un Williams FW10 - Honda. Terceiro foi o francés Alain Prost pilotando un McLaren MP4 / 2B - TAG Porsche. O podio de Prost permitiulle pechar a cinco puntos a diferenza co líder do campionato, Michele Alboreto (Ferrari).