Gran Premio de Suíza
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Premio de Suíza (en francés: Grand Prix de la Suisse, Alemán: Grosser Preis von der Schweiz) foi a primeira carreira de automóbil de Suíza. Nos seus últimos anos foi unha carreira de Fórmula Un.
Gran Premio de Suíza | |
---|---|
Plano do Circuíto | |
Datos | |
Anos disputados | 16 (6 oficiais) |
Primeira disputa | 1934 (1950 oficial) |
Última disputa | 1982 |
Localización | Bremgarten, Suíza |
Patrocinador principal | |
Lonxitude | 480´480 km en 66 voltas |
Marca de volta | 2:39.7 (1954, Juan Manuel Fangio, Mercedes) |
Piloto récord | Rudolf Caracciola (3) Juan Manuel Fangio (2) |
Escudería récord | Mercedes (5) |
Poles récord | Juan Manuel Fangio (3) |
Vista do Circuíto | |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
O Gran Premio de automobilismo comezou en Suíza en 1934, no Circuíto Bremgarten, situado nos arredores da cidade de Bremgarten, preto de Berna. O Gran Premio de Suíza contou para o Campionato de Europa de 1935 a 1939.
A pista de Bremgarten mantivose como sede do Gran Premio de Suíza ata 1954, en 1948 designouse como o Gran Premio de Europa, nun momento en que este título era unha designación honoraria outorgada cada ano a un Gran Premio de Europa. A posibilidade de volver como proba do campionato do mundo foi eliminada en 1958, cando o automobilismo foi prohibido polo Goberno suízo, por consideralo un deporte inseguro para os espectadores tras a morte de 80 persoas na carreira de Le Mans de 1955. O Gran Premio de Suíza regresou en 1975 como Gran Premio non de Campionato ao outro lado da fronteira, no Circuíto de Dijon-Prenois, en Francia. O último Gran Premio de Suíza foi unha proba do Campionato do Mundo de Fórmula Un en 1982, tamén se celebrou en Dijon.
O 6 de xuño de 2007 o Parlamento suízo votou a favor de levantar a prohibición das carreiras de circuíto en Suíza, votaron 97 a favor e 77 en contra. Con todo, a lexislación non foi ratificada posteriormente polo Consello suízo dos Estados (Sénat) e a prohibición en realidade é moi pouco probable que se levante.