Grecia nos Xogos Olímpicos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Grecia participou en cada unha das edicións dos Xogos de Verán, sendo un dos catro países do mundo en facelo. Grecia tamén competiu na maioría dos Xogos Olímpicos de Inverno e foi sede olímpica en dúas ocasións, ámbalas dúas en Atenas. Como lugar de orixe dos Xogos Olímpicos da Antigüidade foi unha elección natural como nación anfitrioa para o rexurdimento dos Xogos Olímpicos modernos en 1896, e Grecia volveu ser a anfitrioa en 2004.
Grecia nos Xogos Olímpicos | |||||
---|---|---|---|---|---|
Código COI | GRE | ||||
Comité nacional | Comité Olímpico Helénico hoc | ||||
Medalleiro |
|
Durante a cerimonia inaugural dos Xogos Olímpicos, Grecia sempre entra primeira no estadio para honrar o seu status como lugar de orixe dos Xogos, sendo a única excepción en 2004 cando Grecia entrou a última como nación anfitrioa. Antes dos Xogos, a lapa olímpica é acendida en Olimpia, o lugar dos Xogos da Antigüidade, nunha cerimonia que reflicte rituais da Grecia antiga e que comeza os relevos do facho olímpico. A bandeira de Grecia sempre se iza na cerimonia de peche xunto coas bandeiras do país anfitrión actual e do vindeiro.