Grey's Anatomy
serie de televisión estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Grey's Anatomy é unha serie de televisión estadounidense que se estreou orixinalmente o 27 de marzo de 2005 a través de American Broadcasting Company (ABC). A serie con historia ficticia sobre as vidas de cirurxiáns internos, médicos residentes e asistentes dun hospital que tentan facer carreira como doutores ó tempo que deben manter en equilibrio as súas relacións profesionais e persoais. O título é unha alusión a Gray's Anatomy, un libro clásico de anatomía humana que foi publicado orixinalmente en Londres en 1858 e foi escrito por Henry Gray.[1] Shonda Rhimes desenvolveu o piloto e escribiu a serie até o ano 2017. Krista Vernoff, que anteriormente traballara con Rhimes, é agora a principal creadora.[2] Rhimes tamén foi un dos produtores executivos xunto con Betsy Beers, Mark Gordon, Krista Vernoff, Rob Corn, Mark Wilding e Allan Heinberg, e recentemente Ellen Pompeo. Malia que a serie está ambientada na cidade de Seattle, foi rodada principalmente nos Ánxeles, California.
Formato | Drama médico e romántico |
---|---|
Creado por | Shonda Rhimes |
Intérpretes |
|
Tema de apertura | "Cosy in the Rocket" (tempadas 1–3, 7, 14) |
Tema de peche | "Cosy in the Rocket" (instrumental) |
País de orixe | Estados Unidos |
Temporadas | 17 |
Episodios | 380 |
Produtor(es) executivo(s) |
|
Cámara | Unha cámara |
Duración | 43-44 minutos |
Distribuidor |
|
Canle de orixe | ABC |
Primeiro episodio | 27 de marzo de 2005 |
Derradeiro episodio | presente |
Na rede | |
https://abc.com/shows/greys-anatomy | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |