Grou
ave da familia dos grous / From Wikipedia, the free encyclopedia
O grou, feminino grúa,[2] ou grou común,[3] Grus grus, é unha especie de ave da orde dos gruiformes e familia dos grúidos, pertencente ao xénero Grus.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Grou (homónimos).
Máis información GrouGrus grus, Estado de conservación ...
Grou Grus grus | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Grus grus (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
Pechar
A beleza dos grous e as súas espectaculares danzas de apareamento fascinaron ós seres humanos dende tempos remotos. Na mitoloxía grega estaban consagrados a Apolo, Deméter e Hermes. Era símbolo da astucia e da vixilancia e era considerada a ave da boa fortuna. No imperio chinés era símbolo de sabedoría, da vida longa a idade e as relacións entre pai e fillo. Tamén é un símbolo da fortuna e a vida longa no Xapón. Na heráldica simboliza a atención e o estado de espreita continuo. É o paxaro-símbolo da Armenia.