Organización do Xenoma Humano
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Organización do Xenoma Humano ou HUGO (siglas do seu nome en inglés Human Genome Organisation) é unha organización implicada no Proxecto Xenoma Humano, un proxecto dedicado ao mapado do xenoma humano. HUGO creouse en 1989 como unha organización internacional, principalmente para fomentar a colaboración entre científicos de todo o mundo que estudaban o xenoma. O Comité de Nomenclatura de Xenes de HUGO (HUGO Gene Nomenclature Committee), abreviado como HGNC (aínda que ás veces se lle chama tamén "HUGO") é un dos comités de HUGO máis activos e o seu obxectivo é asignar un único nome e símbolo a cada un dos xenes humanos.
Datos rápidos Tipo, Data de fundación ...
Organización do Xenoma Humano | |
---|---|
Tipo | organización e editor de acceso aberto |
Data de fundación | 1989 |
Premios | sen etiquetar |
Sede | Ámsterdam |
País | Países Baixos |
Na rede | |
http://www.hugo-international.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar