Hacker
persoa experta nalgún campo relacionado coa computación e as telecomunicacións / From Wikipedia, the free encyclopedia
Hacker (do inglés hack, recurtar), tamén coñecido como sombreiro branco (white hat), é o neoloxismo utilizado para referirse a un experto en varios campos relacionados coa computación e as telecomunicacións: programación, redes de comunicacións, sistemas operativos, hardware de rede/voz etc. O seu entendemento adoita estar centrado nos sistemas informáticos, xa sexa de tipo hardware ou software.
Chámase normalmente hackeo e hackear ás obras propias dun hacker.
Pode atoparse tamén escrito en xerga co termo haxor ou H4X0R (unha posíbel escritura no alfabeto Leet).