Hashim Thaçi
From Wikipedia, the free encyclopedia
Hashim Thaçi, nado en Burojë (Skënderaj) o 24 de abril de 1968, é un político e ex-guerrilleiro kosovar, que foi primeiro ministro de Kosovo entre 2008 e 2014 e presidente de Kosovo entre 2016 e 2020.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar
Foi presidente do Partido Democrático de Kosovo (PDK) dende a súa creación en 1999 ata 2016.
Antigo líder do grupo guerrilleiro Exército de Liberación de Kosovo, Thaçi é reclamado pola xustiza serbia desde 1997 polas súas actividades paramilitares.[1] Está considerado terrorista por Serbia e polo Departamento de Seguridade Nacional dos Estados Unidos.[2] En 2020 o Tribunal Especial para Kosovo con sede na Haia acusouno de crimes de guerra e crimes contra a humanidade, o que provocou a súa dimisión da presidencia do país.[3][4]