Historia de Chile
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Chile prehispánico estaba habitado por numerosos pobos indíxenas, o máis numeroso era o pobo mapuche.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Mais en 1531 os españois toman o control do goberno central do Imperio Inca (o actual Perú) e a partir deste feito inician campañas para tomar o control dos territorios ao Sur do Imperio.
Un dos primeiros conquistadores españois foi Diego de Almagro. En 1535 encabezou unha expedición ao sur desde Perú despois de disputas territoriais con Pizarro. Almagro é considerado por iso o "descubridor de Chile", a pesar de que xa era habitado por outras persoas, e a pesar de que Fernando de Magalláns xa avistara esa terra no seu cruzamento do Estreito de Magalláns. Anos máis tarde realizouse a viaxe de Pedro de Valdivia 1540-1541. No seu camiño para o sur, e atravesando o Deserto de Atacama, Valdivia fundou unha serie de asentamentos, o primeiro e máis importante, o 12 de febreiro de 1541, Santiago de Nova Extremadura ao pé do Cerro Holén, ao que rebautizou co nome de Santa Lucía.
Valdivia, non conforme coas magras riquezas obtidas, decide iniciar unha campaña militar sobre os territorios de máis ao sur, atopando a morte e dando comezo á Guerra de Arauco, que Alonso de Ercilla relataría maxistralmente na obra La Araucana (1576). A guerra prolongouse ata 1609, momento no cal o Rei de España e os caciques mapuches celebran o Parlamento de Quilín en que se recoñece unha ambigua autonomía como Nación dentro do Reino de Chile. Periodicamente desde entón, cada novo gobernador chileno designado polo Rei celebraba estes "Parlamentos", que buscaban resolver as diferenzas entre ambas as partes e prolongar a paz, usando o río Biobío como límite natural de ambos territorios, unha zona aínda coñecida como "A Fronteira". Este sistema perdurará ata as guerras dirixida polo estado chileno e arxentino no século XIX, xa libres do dominio español, proceso que remata coa Pacificación da Araucania en 1881.