Hockey Club Liceo da Coruña
club profesional de hóckey a patíns da cidade da Coruña / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Hockey Club Liceo da Coruña, por motivos de patrocinio Deportivo Liceo[1], é un club profesional de hóckey a patíns da cidade da Coruña. Foi fundado en 1972 por catro persoas entre as que salienta a figura de Augusto César Lendoiro e na tempada 1979-80 debutou na máxima categoría do hóckey a patíns español, categoría na que compite dende aquela. Trátase dunha icona dentro do hóckey galego, historicamente é o club deportivo máis laureado de Galiza cun total de 43 títulos (21 a nivel estatal, e 22 títulos internacionais). Destacan entre os seus títulos oito ligas, dez Copas do Rei e seis Copas de Europa.
H.C. Liceo | |
---|---|
Cidade | A Coruña, Galicia |
Historia | 1972 |
Fundado | 1972 |
Pavillón | Pazo dos Deportes de Riazor (5000) |
Presidente | Daniel Echevarría |
Adestrador | Juan Copa |
Competición | OK Liga/Euroleague OK Liga Feminina |
Títulos | |
Copa de Europa | 6 (1987, 1988, 1992, 2003, 2011, 2012) |
Copa CERS | 3 (1982, 1999, 2010) |
Recopa de Europa | 2 (1989, 1996) |
Copa Continental | 6 (1987, 1988, 1989, 1992, 2003, 2012) |
Copa Intercontinental | 5 (1987, 1989, 1993, 2004, 2012) |
OK Liga | 8 (1982-83, 1985-86, 1986-87, 1989-90, 1990-91, 1992-93, 2012-13, 2021-22) |
Copa do Rei | 10 (1982, 1984, 1988, 1989, 1991, 1995, 1996, 1997, 2004, 2021) |
Supercopa de España | 3 (2016, 2018, 2021) |
Cores | Verde e branco |
Na rede | |
http://www.hockeyclubliceo.com | |
Sitio web Sitio web oficial Tempada 2020/21 do HC Liceo |
As cores do equipo son a verde e a branca, sendo branquiazul o segundo equipamento por motivos de patrocinio.[2] Xoga os seus partidos como local no Pazo dos Deportes de Riazor e o seu presidente é Daniel Echevarría.
En 2010 o club recibiu a Insignia de Ouro da Real Federación Española de Patinaxe en recoñecemento da súa traxectoria e o labor de promoción do hóckey a patíns.[3]