![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d7/Fratelli_Vianelli_%2528Giuseppe_e_Luigi%252C_flor._1860-1890_ca%2529_-_VE_-_Umberto_I_di_Savoia_1.jpg/640px-Fratelli_Vianelli_%2528Giuseppe_e_Luigi%252C_flor._1860-1890_ca%2529_-_VE_-_Umberto_I_di_Savoia_1.jpg&w=640&q=50)
Humberto I
From Wikipedia, the free encyclopedia
Humberto I de Savoia, coñecido en italiano Umberto I di Savoia, nado en Turín o 14 de marzo de 1844 e finado en Monza o 29 de xullo de 1900, foi Rei de Italia entre 1878 e 1900.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2017.) |
Umberto Rainerio Carlo Emanuele Giovanni Maria Ferdinando Eugenio, Príncipe do Piemonte, naceu en Turín, a capital do Reino de Piemonte-Sardeña. Foi fillo do Príncipe Vítor Manuel de Savoia, futuro monarca de Piemonte e que anos atrás lograría converterse no primeiro Rei de Italia, e da súa curmá María Adelaida de Habsburgo-Lorena, Arquiduquesa de Austria.
A súa educación estivo nas mans de Massimo Taparelli, Marqués de Azeglio e de Pasquale Stanislao Mancini. En abril de 1868, o príncipe Humberto casou coa súa curmá a Princesa Margarida Tareixa de Savoia. O matrimonio tivo un fillo, Víctor Manuel (1869-1947).
Desde marzo de 1858, Humberto de Savoia seguiu a carreira militar no exército sardo, comenzando co rango de capitán. Estivo presente na batalla de Solferino en 1859, e en 1866 estivo ao mando dunha división na batalla de Custoza, aínda que sen intervir directamente nesta.
O 9 de xaneiro de 1878, tras a morte do seu pai Vítor Manuel II, Humberto de Savoia converteuse en Rei de Italia co nome de Humberto I.