Illa Enderbury
From Wikipedia, the free encyclopedia
A illa Enderbury é un atol pequeno e deshabitado situado a 63 km ESE da illa Kanton no océano Pacífico central. Forma parte do conxunto de illas Fénix, pertencentes á República de Kiribati.
Máis información Enderbury, Datos ...
Enderbury | |
---|---|
Datos | |
País | Kiribati |
Illa principal | |
Linguas | |
Poboación (2009) | Deshabitado |
Superficie | 5´1 km² |
Superficie lagoa | 0´6 km² |
Nº de illas | 1 |
Coordenadas | 3°8′S 171°5′O |
Maior Altura | 4 m. |
Localización | |
Pechar
Mide 1,6 km de ancho e 4,8 km de longo, cun arrecife que se estende cara a fóra entre 60 e 200 metros. A illa é plana e espida, con arbustos baixos e uns poucos grupos de árbores. A diferenza doutros atois, existe unha soa lagoa, a maior parte do atol é terra.