Illas Carolinas
From Wikipedia, the free encyclopedia
As Illas Carolinas (en inglés Caroline Islands) son un arquipélago da Micronesia, ao oeste do océano Pacífico. Teñen unha extensión de 1.194 km² e 126.000 habitantes. Está formado por case un milleiro de atois e illas, algunhas de orixe volcánica, ao norte do ecuador.
As principais illas son Pohnpei, a máis extensa e elevada, Truk, Kosrae, Yap e Palau. As catro primeiras, as máis orientais, formaron os Estados Federados de Micronesia, en tanto que Palau, a máis occidental, constituíse en república.
As illas gozan de clima ecuatorial e existen explotacións de cocoteiros, mandioca e cana de azucre. Tamén existen xacementos de bauxita ou fosfatos.