Ilyushin Il-76
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Ilyushin Il-76 (ruso: Илью́шин Ил-76; designación OTAN: Candid) é un cargueiro estratéxico multipropósito deseñado pola oficina de deseño soviética Ilyushin. Foi planeado inicialmente como cargueiro comercial en 1967 para substituír o Antonov An-12. Deseñouse para transportar maquinaria pesada a áreas remotas e pobremente comunicadas. Versións militares do Il-76 foron amplamente usadas en Europa, Asia e África, incluídas as variantes de reabastecemento en voo e centro de mando.
Ilyushin Il-76 | |
---|---|
Tipo | cargueiro estratéxico e táctico |
Deseñado por | Ilyushin |
Primeiro voo | 25 de marzo de 1971 |
Introducido | xuño de 1974 |
Unidades construídas | 960 |
Variantes | Ilyushin Il-78 Beriev A-50 KJ-2000 |
O Il-76 usouse moito como cargueiro comercial para cargas entregadas por rampla, especialmente para obxectos moi pesados ou moi grandes que non poden transportarse doutro xeito. Tamén foi usado como transporte de resposta en emerxencias para evacuacións de civís e para transportar axuda humanitaria en desastres ao redor du mundo. Grazas á súa habilidade de operar en pistas ser pavimentar, ten sido útil en áreas subdesenvolvidas. Tamén se produciron modelos especializados para extinción de incendios e adestramento en gravidade cero.