Inquisición española
tribunal eclesiástico / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Inquisición española ou tamén coñecida como Tribunal do Santo Oficio da Inquisición actuou baixo o control dos reis de España de 1478 ata 1834. Esta Inquisición foi o resultado da expansión dos cristiáns fronte aos musulmáns, e a política de conversión de xudeus e musulmáns da península ao catolicismo. A Inquisición foi un importante instrumento na política chamada limpeza de sangue contra os descendentes de xudeus e musulmáns convertidos.
A Inquisición, como tribunal eclesiástico, só tiña competencia xurídica sobre cristiáns bautizados. Porén, a súa xurisdición non se estendía aos indíxenas americanos, estivesen ou non bautizados, polos seus actos heréticos, posto que se consideraba que padecían erros derivados da ignorancia, e que o Santo Oficio non era o medio axeitado nin o organismo competente para arranxalos. As reducións e misións foron o mecanismo adoptado para este fin.