Institucións da Unión Europea
From Wikipedia, the free encyclopedia
As Institucións da Unión Europea (UE) son os organismos políticos e institucións nos que os estados membros delegan parte dos seus poderes e soberanía. Con iso búscase que determinadas decisións e actuacións institucionais proveñan de órganos de carácter supranacional cuxa vontade se aplica no conxunto dos Estados membros, desapoderando así aos órganos nacionais de cada país.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2012.) |
1 Bruxelas | Parlamento - Consello - Comisión |
2 Estrasburgo | Plenarias do Parlamento |
3 Luxemburgo | Tribunal de Xustiza- Tribunal de Contas - |
4 Frankfurt | Banco Central Europeo |
5 A Haia | Europol |
O "Hemiciclo" de Estrasburgo | |
Sede parlamentaria de Estrasburgo | |
Sede parlamentaria de Bruxelas | |
Consexo | |
Comisión | |
*= Candidatos a adherirse á Unión Europea |
Como calquera estado, a UE dispón dun parlamento, un executivo e un poder xudicial independente, que están apoiados e complementados por outras institucións.
As normas e procedementos que as institucións deben seguir establécense nos tratados, negociados polo Consello Europeo e en conferencias intergobernamentais e ratificados polos parlamentos nacionais de cada Estado. Os tratados que na actualidade definen a estrutura institucional son o Tratado da Unión Europea (TUE) e o Tratado da Comunidade Europea (TCE). Mentres o TCE recolle basicamente os contidos dos Tratado de Roma, polos que se creou a entón Comunidade Económica Europea (CEE) en 1958, o TUE foi asinado en Maastricht en 1992, aínda que posteriormente foi modificado polo Tratado de Ámsterdan (1997) e o Tratado de Niza (2000).
Despois do fracasado Tratado Constitucional (asinado en 2004 coa intención de substituír a todos os anteriores tratados, pero errado por mor dos referendos negativos en Francia e os Países Baixos en 2005), en 2007 asinouse o Tratado de Lisboa, que na actualidade atópase no proceso de ratificación. Este tratado modifica novamente o TUE, pero tamén o TCE, que pasaría a chamarse Tratado sobre o Funcionamento da Unión Europea (TFUE).