James Earl "Jimmy" Carter, Junior , nado en Plains (Xeorxia ) o 1 de outubro de 1924 , é un político estadounidense do Partido Demócrata . Foi presidente dos Estados Unidos de América (1977 -1981 ), gobernador do estado de Xeorxia (1971 -1975 ) e senador na Asemblea Xeral de Xeorxia (1962 -1966 ). Carter recibiu o Premio Nobel da Paz en 2002 , galardoado polos seus esforzos infatigables para atopar solucións pacíficas aos conflitos internacionais, por impulsar a democracia e os dereitos humanos, e por fomentar o desenvolvemento económico e político dos pobos.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Jimmy Carter (1977) Biografía Nacemento (en) James Earl Carter Jr. 1 de outubro de 1924 (99 anos)Lillian G. Carter Nursing Center, Estados Unidos de América (en) 39º Presidente dos Estados Unidos de América
20 de xaneiro de 1977 – 20 de xaneiro de 1981 ← Gerald Rudolph Ford, Jr. – Ronald Reagan → 30º Presidente electo dos Estados Unidos 2 de novembro de 1976 – 20 de xaneiro de 1977 ← Richard Nixon – Ronald Reagan → 76º Governor of Georgia (en)
12 de xaneiro de 1971 – 14 de xaneiro de 1975 ← Lester Maddox (pt) – George Busbee → Member of the Georgia State Senate (en) 1963 – 1967
Datos persoais Residencia Plains (pt) País de nacionalidade Estados Unidos de América Relixión Baptismo Educación Union College (1953–) Academia Naval dos Estados Unidos (pt) - física (–1946) Instituto de Tecnoloxía de Xeorxia Georgia Southwestern State University (en) Altura 1,77 m Lateralidade destro Actividade Campo de traballo Controle de armas de fogo (pt) Ocupación oficial da armada , empresario , ecoloxista , enxeñeiro , Activista polos dereitos humanos , activista pola paz , escritor , estadista , autobiógrafo , diplomático , tripulante de submarino , novelista , labrego , político , humanitario Período de actividade 1946 - Empregador Universidade Emory (pt) Partido político Partido Demócrata Membro de Lingua Lingua inglesa e lingua castelá Carreira militar Rama militar Armada dos Estados Unidos de América Rango militar Tenente Conflito Segunda guerra mundial Obra Arquivos en Familia Cónxuxe Rosalynn Carter (1946–2023) , morte do cónxuxe Fillos Jack Carter (pt) , James Earl Carter III (en) , Amy Carter (pt) , Jeff Carter (pt) Pais James Earl Carter Sr. (pt) e Lillian Gordy Carter (pt) Irmáns Billy Carter (pt) , Gloria Carter Spann (pt) e Ruth Carter Stapleton (pt) Parentes Berry Gordy (curmán segundo ) Cronoloxía 18 de xuño de 1979 Strategic Arms Limitation Treaty II (en)
Premios
Pechar
O seu mandato estivo marcado por importantes éxitos en política exterior, como os tratados sobre a Canle de Panamá , os Acordos de paz de Camp David (tratado de paz entre Exipto e Israel ), o tratado SALT II coa URSS e o establecemento de relacións diplomáticas coa República Popular da China . En política interior, o seu goberno creou os ministerios de enerxía e educación e reforzou a lexislación sobre protección ambiental.
Desde que abandonou a Casa Branca , dedicouse a un labor de mediación en conflitos internacionais e a pór o seu prestixio ao servizo de causas humanitarias. En 2002, recibiu o Premio Nobel da Paz e distinguiuse en literatura, sendo autor de numerosos libros.