José Manuel Liaño Flores

político galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

José Manuel Liaño Flores, nado en Monforte de Lemos o 15 de novembro de 1921 e finado na Coruña o 5 de maio de 2022, foi un avogado e político galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Liaño estudou o bacharelato no Instituto Eusebio da Guarda da Coruña de 1931 a 1938. Cursou a licenciatura en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela de 1939 a 1942, na que tamén acadou o título de Graduado Social en 1951. Ingresou por oposición na carreira xudicial en 1946, desempeñando o cargo de xuíz en varios partidos xudiciais ata pedir a excedencia voluntaria en 1953. Desde o 10 de setembro de 1945, con apenas 24 anos de idade é avogado exercente do Colexio de Avogados da Coruña.[1][2]

Iniciou a súa carreira política en 1946 cando entrou como concelleiro da Corporación municipal da Coruña. Volveu ser nomeado concelleiro en 1964, permanecendo no cargo ata que foi nomeado alcalde da Coruña o 1 de febreiro de 1976. Cesou como alcalde o 30 de decembro de 1978. Como alcalde remodelou o parque de Santa Margarida, inaugurou a presa de Cecebre, iniciou as obras do cemiterio de Feáns, creou o Museo do Reloxo (con reloxos do seu propio tío político Antonio Ríos Mosquera), e o Plan parcial de Durmideiras.[3] Foi procurador en Cortes como representante da Familia (1967 e 1971).[1]

Foi elixido Académico de Número da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación o 27 de marzo 1967, tomando posesión o 12 de xuño de 1987 ao pronunciar o discurso "Las presunciones en derecho privado".[4] Foi membro do Consello Social da Universidade da Coruña desde 2003 a 2011. Pertence ás Asociacións de Dereito do Traballo e de Dereito Agrario. Publicou artigos xurídicos e literarios en revistas especializadas e na prensa ordinaria. Acadou o Premio "Pérez Lugín" da Asociación da Prensa da Coruña. Pronunciou conferencias sobre distintas materias xurídicas e literarias,[1] así como o Premio "Iurisgama", da Asociación de Juristas Gallegos en Madrid.[2]

Foi colaborador habitual de Foro Galego e da revista Fonte Limpa, do Colexio de Avogados da Coruña,[2][5]

Predecesor:
Jaime Hervada Fernández España
 
Alcalde da Coruña
 
1976 – 1978
Sucesor:
Berta Tapia
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads