José Manuel Rey Cortegoso
futbolista venezolano / From Wikipedia, the free encyclopedia
José Manuel Rey Cortegoso, nado en Caracas o 20 de maio de 1975, é un adestrador e exfutbolista venezolano, de orixe galega, que xogaba de defensa central.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: José Manuel Rey.
Datos rápidos Información persoal, Nome ...
José Manuel Rey | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | José Manuel Rey Cortegoso | ||
Nacemento | 20 de maio de 1975 | ||
Lugar de nacemento | Caracas | ||
Altura | 1,83 m. | ||
Posición | Defensa | ||
Carreira xuvenil | |||
Marítimo | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1993–1994 | Marítimo | ||
1994–1995 | Deportivo B | ||
1995–1999 | Caracas | 0 | (0) |
1999 | Emelec | 24 | (2) |
2000 | Dundee | 0 | (0) |
2000–2002 | Caracas | 28 | (3) |
2003 | Emelec | 30 | (1) |
2004 | Caracas | ||
2004–2005 | Pontevedra CF | 21 | (1) |
2005 | Caracas | 0 | (0) |
2006 | Atlético Nacional | 19 | (1) |
2006 | Caracas | 10 | (0) |
2007–2008 | AEK Larnaca | 20 | (3) |
2008–2010 | Caracas | 36 | (10) |
2009 | → Colo-Colo (cedido) | 8 | (0) |
2011 | Mineros de Guayana | 11 | (1) |
2011–2015 | Deportivo Lara | 100 | (7) |
Selección nacional | |||
1997–2011 | Venezuela | 115 | (11) |
Adestrador | |||
2015–2016 | Venezuela (2º adestrador) | ||
2017 | Zamora FC (2º adestrador) | ||
2017–2018 | Aragua | ||
2018–2019 | Monagas | ||
2019–2020 | Zamora FC | ||
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Pechar
Considerado un dos mellores futbolistas venezolanos da historia,[1] tivo unha longa carreira na que militou en 11 equipos de sete países diferentes. Conquistou nove ligas venezolanas, oito delas co Caracas FC, equipo no que militou en seis etapas diferentes. A súa novena liga gañouna co Deportivo Lara, no que xogou dende 2011 ata a súa retirada en 2015, aos 40 anos de idade.
Foi durante anos capitán da selección de Venezuela e é o segundo xogador con máis partidos na historia do combinado, 115, só por detrás de Juan Arango.