Kurenai no Buta
filme de 1992 dirixido por Hayao Miyazaki / From Wikipedia, the free encyclopedia
Porco Rosso (紅の豚, Kurenai no Buta?, en galego Porco Vermello), é un filme de anime de 1992 sobre un piloto italiano da primeira guerra mundial, que vive coma cazarrecompensas independente contra os "Piratas do Aire" no Mar Adriático. Disque foi vítima dunha maldición que o converteu nun porco. Outros aseguran que el mesmo maldiciuse ó remata-la Gran Guerra, farto dunha humanidade corrupta e que adoraba a guerra e o sangue. Cando coñece a Fio decátase de que aínda quedan persoas boas e puras e dalgún xeito, é capaz de anula-lo feitizo.
Porco Rosso | |
---|---|
Logo título do filme | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Kurenai no Buta |
Director | Hayao Miyazaki |
Produtor | Toshio Suzuki |
Guión | Hayao Miyazaki |
Intérpretes | Shūichirō Moriyama Tokiko Kato Akemi Okamura Akio Ōtsuka |
Música | Joe Hisaishi |
Fotografía | Atsushi Okui |
Montaxe | Takeshi Seyama |
Estudio | Studio Ghibli Studio Pierrot |
Distribuidora | Toho (Xapón) Walt Disney Pictures (USA) |
Estrea | 1992 |
Duración | 94 minutos |
Orixe | Xapón |
Xénero | Aventura, fantasía |
Orzamento | $9 200 000 |
Recadación | $34 100 000 |
Na rede | |
http://movies.disney.com/porco-rosso | |
Foi orixinalmente pensada coma unha película para amosar en voo para as Japan Airlines, baseada no manga de Miyazaki The Age of the flying Boat (A Era dos Botes voadores), pero a produción foi ensombrecida pola guerra en Iugoslavia que acabou dándolle á película un ton máis serio.