Lagoa de Caque
humedal en Ribeiras de Lea, Castro de Rei / From Wikipedia, the free encyclopedia
A lagoa de Caque ou lagoa de Bardancos é unha zona húmida situada na parroquia de Ribeiras de Lea, no concello de Castro de Rei. Cunha superficie de 19 hectáreas, é a zona húmida máis grande da comarca da Terra Chá. Está situada nas proximidades de Xustás e a unha distancia duns 20 km da capital provincial, Lugo.
Máis información Datos de interese ...
Lagoa de Caque | |||
---|---|---|---|
Figura de Protección: | |||
Ano de constitución: | Recuperación parcial en 1988[Cómpre referencia] | ||
Superficie: | 19 ha. (no verán unhas 6 ha.) | ||
Lexislación: | |||
Datos de interese | |||
País: | España | ||
Provincias: | Lugo | ||
Concellos: | Castro de Rei | ||
Ríos: | |||
Picos | |||
Direccións de interese: | Lagoa situada na localidade de Ribeiras de Lea | ||
Teléfonos: | |||
Pechar
Orixinouse debido ao substrato xeolóxico e á topografía da Terra Chá e constitúe unha das grandes zonas húmidas superviventes das campañas de desecamento. Como ecosistema de gran valor ecolóxico polas súas reservas de flora e fauna, é espazo natural protexido.