![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/aa/The_Levant_3.png/640px-The_Levant_3.png&w=640&q=50)
Levante mediterráneo
From Wikipedia, the free encyclopedia
O termo Levante ou, máis especificamente, Levante mediterráneo, alude historicamente a unha gran zona de Oriente Próximo situada ao sur dos montes Tauros, limitada polo mar Mediterráneo ao oeste, o deserto árabe ao sur e Mesopotamia ao leste.
- Non confundir con Levante peninsular
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Poboación | |||||
Poboación | 44.550.926 (século XXI) ![]() | ||||
Lingua usada | árabe Lingua aramea lingua turca lingua hebrea lingua kurda lingua grega ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Bañado por | Mar Levantino (pt) ![]() ![]() | ||||
Punto máis alto | Qurnat as Sawda' (pt) ![]() ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/1d/Levant_%28orthographic_projection%29.png/640px-Levant_%28orthographic_projection%29.png)
En verde escuro: países constituíntes (Chipre, provincia de Hatay, Israel, o Líbano, Siria e Xordania)
En verde medio: países dos que algunhas das súas rexións están incluídas na rexión do Levante (Iraq e Sinaí)
En verde claro: países incluídos ás veces na rexión do Levante (Exipto, Grecia e Turquía)
Non inclúe as montañas do Cáucaso nin ningunha parte da península árabe ou Anatolia, aínda que ocasionalmente inclúese Cilicia.
A península do Sinaí tamén se inclúe, pero como área marxinal, como ponte entre o Levante e o norte de Exipto.
Ocasionalmente, os pobos levantinos dominaron a rexión situada entre o Sinaí e o río Nilo, pero esta rexión exclúese do Levante xeográfico.
Esta rexión ten sido unha zona comercial por excelencia, con distintas rutas comerciais que unían a costa e Exipto cos países do Oriente Medio, o que tamén provocou que fose durante séculos o escenario de distintos conflitos bélicos entre os pobos que intentaban manter o control do lucrativo comercio que discorría pola zona.
O Levante é tamén o nome da conca oriental do mar Mediterráneo (mar Levantino). As súas fosas descenden até cerca de 3 300 m (cerca da illa de Creta).
Tamén foi un paso comercial importante, posto que está no cruzamento de varias vías de comunicación míticas: as antigas dos fenicios, ruta da seda, ruta marítima ao Extremo Oriente polo canal de Suez etc.
Está limitada por Turquía, Chipre, Israel, o Líbano, Siria e Exipto.