Illa Leyte
From Wikipedia, the free encyclopedia
Leyte é unha illa filipina localizada no grupo das Visayas. Atópase ao nordés da illa de Mindanao.
Leyte | |
---|---|
Localización da illa | |
Tacoblan | |
Situación | |
País | Filipinas |
Arquipélago | Visayas |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 10°57′N 124°50′L |
Xeografía | |
Superficie | 7.367´6 km² |
Longura máxima | 180 km. |
Largura máxima | 65 km. |
Punto máis alto | 1.346 Monte Lobi |
Demografía | |
Capital | Tacloban (pob. 242.089) |
Poboación | 2.388.518 (Censo 2015) |
Densidade | 324´2 hab./km² |
Politicamente, a illa divídese en dúas provincias: Leyte norte e Leyte sur. Territorialmente, Leyte sur inclúe a illa de Panaón ao seu sur. Ao norte de Leyte atópase a provincia insular de Bilirán, unha antiga sub-provincia de Leyte.
As principais cidades de Leyte son Tacloban, na costa oriental na esquina noroeste do Golfo de Leyte e Ormoc na costa oeste. A illa foi a localización de "Mairete", unha comunidade histórica gobernada por Datu Ete. Antes de ser colonizada por España, a illa foi a residencia dos Warays un pobo indíxena animista no leste e outros grupos animistas indíxenas das Visayas ao oeste.
Leyte hoxe é famosa polas plantas eléctricas de enerxía xeotérmica preto de Ormoc.
Con todo, Leyte é máis famosa polo seu papel na Campaña de Filipinas, 1944-45 na Guerra do Pacífico. O 20 de outubro de 1944, Douglas MacArthur desembarcou en Leyte, dicindo, "volvín", pero as forzas imperiais xaponesas non cederon tan facilmente, como demostrouse na Batalla de Leyte. A converxencia de forzas navais deu lugar á batalla do golfo de Leyte, a batalla naval máis grande da historia.