Libro de familia
serie de televisión emitida pola TVG / From Wikipedia, the free encyclopedia
Libro de familia é unha serie de televisión emitida pola TVG entre 2005 e 2013 producida por El Correo Gallego.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Datos rápidos Formato, Creado por ...
Formato | Drama |
---|---|
Creado por | José María Besteiro |
Escrito por | Rosa Castro |
Dirixido por | Mariana Carballal Marta Piñeiro Giselle Llanio Manuel López |
Intérpretes | Manuel San Martín Mayka Braña Lucía Regueiro Alejandro Neira Gonzalo Uriarte Iolanda Muíños Diana Nogueira Paula Carballeira Abelardo Gabriel Mara Sánchez Rubén Riós Celso Parada Julio Pereira Anxo Carbajal Miro Magariños Monti Castiñeiras Manolo Romón Suso Cortegoso Lis Teutor |
País de orixe | Galiza |
Temporadas | 22 |
Episodios | 319 |
Duración | aproximadamente 70 minutos por episodio |
Canle de orixe | TVG |
Primeiro episodio | 13 de febreiro de 2005 |
Derradeiro episodio | 12 de maio de 2013 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
A serie transcorre en Santalla, unha típica vila do interior galego durante os anos 1960, e está protagonizada por tres familias de diferente extracción social.
Nas tempadas 2005-06 e 2006-07 foi o espazo máis visto da TVG, seguido dalgúns clásicos galegos como O show dos Tonechos ou o veterano Luar. Na tempada 2007-08 repetiu este honor a pesar dunha leve perda de audiencia, pero quedando por enriba da revelación da tempada: Padre Casares, que promediou un 22,6% de share e 246.000 espectadores. Foi na tempada tempada 2008-09, despois de 3 anos á fronte, cando perdeu o liderado en favor da mencionada Padre Casares.