Lingua córnica
lingua celta de Cornualles / From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua córnica[5][6] (en córnico: Kernewek ou Kernowek)[7] é unha lingua que pertence ao grupo das linguas britónicas dentro das linguas celtas (o britónico tamén inclúe o galés, bretón, o extinguido cúmbrico e quizais o ivérnico). O gaélico escocés, irlandés e manx pertencen ao grupo Goidélico. O córnico comparte o 80% do seu vocabulario básico co bretón. O córnico empregouse como lingua falada ata finais do século XVIII sendo a súa derradeira falante nativa Dolly Pentreath, e foi revivida outra vez no século XX. No 2006 estimouse que había 3.500 falantes de córnico nun nivel básico, e aproximadamente uns 500 que o falan de maneira fluída.
Datos rápidos Córnico Kernewek, Estatuto oficial ...
Córnico Kernewek | ||
---|---|---|
Pronuncia: | [kəɾˈnuːək] | |
Falado en: | Reino Unido (Cornualla) | |
Rexións: | Europa | |
Total de falantes: | 300-400 (2015)[1][2] Segunda lingua: 325–625 (est.)[3] | |
Familia: | Indoeuropea Linguas célticas Linguas britónicas Córnico | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | Non é lingua oficial pero está recoñecida como lingua minoritaria no Reino Unido | |
Regulado por: | Cornish Language Partnership | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | kw | |
ISO 639-2: | cor | |
ISO 639-3: | cor
| |
SIL: | CRN
| |
Mapa | ||
Retroceso da lingua córnica ao longo do tempo. Porcentaxe de falantes do córnico en Cornualla segundo datos do 2011. | ||
Status | ||
Pechar