Lista de bandeiras dos Estados Unidos de América
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
As bandeiras dos Estados Unidos exhiben unha gran variedade de influencias rexionais e historias locais, así como de moi diferentes estilos e deseños. As bandeiras dos estados modernos datan a partir da década de 1890 cando os Estados necesitaron símbolos distintivos para a Exposición Mundial de 1893 en Chicago. A maioría das bandeiras estatais foron deseñadas e aprobadas entre 1893 e a primeira guerra mundial.
Segundo un estudo realizado en 2001 pola North American Vexillological Association, Novo México ten a mellor bandeira deseñada dos Estados Unidos de calquera estado, territorio dos Estados Unidos, ou provincia canadense, mentres que o estado de Xeorxia de (2001-2003) ten o peor deseño.