Maine, Estados Unidos de América
estado dos Estados Unidos de América / From Wikipedia, the free encyclopedia
Maine é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América. Está localizado no extremo nordeste do país, na rexión de Nova Inglaterra. West Coddy Head, o punto máis oriental de Maine, está considerado o punto máis oriental dos Estados Unidos, aínda que algúns consideren Alasca o máis oriental do país, pois dúas das illas do arquipélago das Aleutas están localizadas no hemisferio oriental. Maine tamén é o Estado máis setentrional dos Estados Unidos continental.
State of Maine (en) | |||||
Himno | State of Maine Song (en) (1937) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Dirigo» | ||||
Símbolo oficial | Poecile atricapillus (pt) (aves) | ||||
Alcume | The Pine Tree State | ||||
Nomeado en referencia a | Província do Maine (pt) | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Capital | Augusta | ||||
Contén a división administrativa | Condado de Androscoggin (pt) Condado de Aroostook (pt) Condado de Cumberland (pt) Condado de Franklin (pt) Condado de Hancock (pt) Condado de Kennebec (pt) Condado de Knox (pt) Condado de Lincoln (pt) Condado de Oxford (pt) Condado de Penobscot (pt) Condado de Piscataquis (pt) Condado de Sagadahoc (pt) Condado de Somerset (pt) Condado de Waldo (pt) Condado de Washington (pt) Condado de York (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.362.359 (2020) (14,87 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 569.551 (2020) | ||||
Lingua oficial | sen valor | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 91.646 km² | ||||
Auga | 12,82 % | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 180 m | ||||
Punto máis alto | Monte Katahdin (pt) (1.606 m) | ||||
Punto máis baixo | Océano Atlántico | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 15 de marzo de 1820 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Government of Maine (en) | ||||
• Governor of Maine (en) | Janet T. Mills (2019–) | ||||
Órgano lexislativo | Maine Legislature (en) , | ||||
Máxima autoridade xudicial | Maine Supreme Judicial Court (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | US-ME | ||||
Identificador GNIS | 1779787 | ||||
Páxina web | maine.gov |
Os bosques cobren aproximadamente o 90 % de Maine, que se coñece como The Pine Tree State polas súas forestas que conteñen grandes cantidades de piñeiros. Así, é o líder nacional da industria madeireira e o segundo maior produtor de madeira en xeral do país, só despois de Washington. A pesca e mais o turismo son outras fontes importantes de renda.
Non se sabe con certeza a orixe do nome Maine. Crese que vén da expresión inglesa mainland, que significa "corpo de terra principal". Algúns historiadores, porén, consideran que este nome vén da provincia de Maine, unha das provincias de Francia. Unha terceira hipótese é o uso da expresión going over to the Main por parte dos habitantes que vivían en illas situadas ao longo do litoral do Estado.
A rexión onde se localiza Maine fora disputada polos franceses e polos británicos desde os comezos das colonias americanas. As rexións do norte de Maine orixinalmente formaron parte da colonia francesa de Acadia, unha das provincias coloniais da Nova Francia, ata seren anexadas polos británicos en 1740. A rexión sur foi colonizada polos británicos.
O primeiro asentamento británico no continente americano fundouse en Maine en 1607, 13 anos antes da inauguración do primeiro asentamento británico permanente no continente, en Plymouth, actual Massachusetts, en 1620. O asentamento fundado en Maine en 1607, porén, foi abandonado en 1608. Os asentadores pasaron a instalarse en Maine a partir da década de 1620. Entón, Maine formaba parte de Massachusetts e converteuse no 23º Estado americano o 15 de marzo de 1820.