Malí
país da África occidental / From Wikipedia, the free encyclopedia
Malí,[1][2] oficialmente República de Malí, (en francés: République du Mali; en bambara: Mali ka Fasojamana; en alfabeto n'ko: ߡߊߟߌ ߞߊ ߝߊߛߏߖߊߡߊߣߊ) é un país africano. É un estado sen costa, o oitavo máis extenso de África, cunha área de 1 240 000 km². A poboación de Malí era de 19,3 millóns de persoas no ano 2018, e no 2017 estimouse que o 67% da poboación tiña menos de 25 anos.[3] A súa capital e principal cidade é Bamaco. Limita ao noroeste con Mauritania, ao norte con Alxeria, ao leste con Níxer, ao sur con Burkina Faso, Costa do Marfil e Guinea, e ao oeste co Senegal. Constituída por oito rexións, Malí ten as súas fronteiras do norte no medio do Sáhara, mentres que a zona meridional, onde vive a maior parte da poboación, está na beira dos ríos Níxer e Senegal. A estrutura económica do país céntrase na agricultura e a pesca. Algúns dos recursos naturais máis importantes de Malí son o ouro, sendo o terceiro maior produtor do continente africano,[4] e o sal.[5] A metade da poboación vive baixo o limiar de pobreza internacional, establecido en 1,25 dólares por día.[6]
Mali (bm) | |||||
Himno | Le Mali (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Un peuple, un but, une foi» «One people, one goal, one faith» «Един народ, една цел, една вяра» «Ein Volk, ein Ziel, ein Glaube» «ߡߌ߬ߙߌ߲߬ߘߌ߬ ߞߋߟߋ߲߫ ߸ ߟߊ߬ߢߌߣߌ߲߫ ߞߋߟߋ߲߫ ߸ ߘߍ߲߬ߞߣߍ߬ߦߊ߬ ߞߋߟߋ߲߫» «شعب واحد، هدف واحد، إيمان واحد» «Un pueblo, una meta, una fe» «En narod, en cilj, ena vera» «Jama kelen, kuntilenna kelen, dannaya kelen» | ||||
Nomeado en referencia a | Imperio de Malí | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Bamaco | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 20.250.833 (2020) (16,33 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | Lingua bambara Lingua bobo Bozo (en) Dogon (en) Lingua fula Árabe hassani (pt) Kassonke (en) Línguas maninkas (pt) Minyanka (en) Senufo (en) Línguas songai (pt) Língua soninquê (pt) Lingua tamasheq | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.240.192 km² | ||||
Punto máis alto | Hombori Tondo (1.153 m) | ||||
Punto máis baixo | Río Senegal (23 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 22 de setembro de 1960 | ||||
Día festivo | |||||
Organización política | |||||
• President of Mali (en) | Assimi Goita (pt) (2021–) | ||||
• Prime Minister of Mali (en) | Choguel Kokalla Maïga (pt) (2021–2022) | ||||
Órgano lexislativo | Assembleia Nacional (Mali) (pt) , (Escano: 147) | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 19.309.463.506 $ (2021) | ||||
Moeda | franco CFA de África Occidental | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .ml | ||||
Prefixo telefónico | +223 | ||||
Teléfono de emerxencia | 112, 15 (en) , 17 e 18 | ||||
Código de país | ML | ||||
Páxina web | primature.gov.ml | ||||
O actual territorio maliano foi sede dos tres imperios de África occidental que controlaron o comercio transahariano: o Imperio de Ghana, o Imperio de Malí e o Imperio Songai. Durante a súa época dourada, salientaron nas matemáticas, na astronomía, na literatura e na arte.[7][8] Durante o seu máximo apoxeo en 1300, o Imperio de Malí abranguía unha área que duplicaba o tamaño da actual Francia e chegaba até a costa oeste de África.[9] A finais do século XIX, Malí caeu baixo dominio de Francia, pasando a formar parte do Sudán francés. En 1959 conseguiu a súa independencia canda o Senegal, converténdose así na Federación de Malí, a cal remataría un ano despois. Tras un tempo no que existía un único partido político, un golpe de Estado en 1991 comportou a creación dunha nova constitución e o estabelecemento de Malí como unha nación democrática cun sistema pluripartidista.
En xaneiro de 2012, un conflito armado estourou no norte de Malí, no cal rebeldes tuaregs tomaron o control do territorio do norte, e en abril declararon a secesión dun novo estado, Azawad.[10] O conflito agravouse por mor dun golpe militar que se produciu en marzo[11] e pola posterior loita entre os tuaregs e outras faccións rebeldes. En resposta á perda de control no territorio, o exército francés lanzou a operación Serval en xaneiro de 2013.[12] Un mes despois, as forzas malianas e francesas recuperaron o control da maioría do territorio norte. As eleccións presidenciais celebráronse o 28 de xullo de 2013, cunha segunda rolda celebrada o 11 de agosto, e as eleccións lexislativas celebráronse o 24 de novembro e o 15 de decembro de 2013.
O 18 de agosto de 2020 produciuse un golpe de estado en Malí. O presidente e o primeiro ministro da nación foron arrestados polos militares logo de protestas polos continuos problemas económicos e o empeoramento da situación de seguridade nacional, e o día seguinte ámbolos dous renunciaron.