Marinduque
From Wikipedia, the free encyclopedia
Marinduque, localizada na rexión denominada MIMAROPA (anteriormente designada como Rexión IV-B) é unha illa provincia de Filipinas. A súa capital é o municipio de Boac. Marinduque atópase entre a Baía de Tayabas ao norte e o Mar de Sibuyan ao sur. Está ao oeste da península de Bondoc da provincia de Quezon, ao leste da illa de Mindoro e ao norte da illa provincia de Romblon.
Marinduque | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Fotos da illa | |||||||
localización da illa | |||||||
Situación | |||||||
País | Filipinas | ||||||
Provincia | Marinduque | ||||||
Mar | Mar de Sibuyan | ||||||
Coordenadas | 13°24′N 121°58′L | ||||||
Xeografía | |||||||
Superficie | 952´58 km² | ||||||
Demografía | |||||||
Capital | Boac | ||||||
Poboación | 234.521 (2015) | ||||||
Densidade | 250 hab./km² | ||||||
Lingua propia | Tagalo | ||||||
A provincia de Marinduque foi clasificada número 1 pola Policía Nacional de Filipinas e Forzas de Seguridade Filipinas como a provincia máis pacífica do país debido á súa baixa taxa de criminalidade anual xunto coa provincia de Batanes. Ademais, durante case 200 anos, a provincia alberga unha das festas relixiosas máis antigas do país, as Moriones, que se celebran anualmente cada semana santa.