Martensita
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Martensita é unha fase ou microconstiuínte dunha aliaxe xerado a partir dunha transformación de fases por desprazamento sen difusión.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2017.) |
Por extensión denomínanse martensitas todas as fases que se producen por mor dunha transformación sen difusión en materiais metálicos. Recibe este nome en honra do metalúrxico alemán Adolf Martens (1850-1914).