María de Borgoña
From Wikipedia, the free encyclopedia
María I de Borgoña, nada en Bruxelas (ducado de Brabante) o 13 de febreiro de 1457 e finada en Bruxas (Flandres) o 27 de marzo de 1482), foi duquesa titular de Borgoña e dos demais territorios do Estado borgoñón: duquesa de Brabante, da Baixa Lorena, de Güeldres, e Limburgo e de Luxemburgo; Condesa palatina de Borgoña, de Artois, do Charolais, de Flandres, de Hainaut, de Holanda, de Zelandia, de Namur e de Zutphen; marquesa do Santo Imperio señora de Fisia, de Malinas e de Salines.
Nome orixinal | (fr) Marie de Bourgogne |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 13 de febreiro de 1457 Bruxelas-Capital |
Morte | 27 de marzo de 1482 (25 anos) Bruxas |
Causa da morte | morte accidental, caída de cabalo |
Lugar de sepultura | Igreja de Nossa Senhora (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Relixión | Catolicismo |
Cor do pelo | Cabelo castaño |
Actividade | |
Campo de traballo | Política |
Ocupación | política |
Lingua | Lingua francesa |
Outro | |
Título | Duquesa de Brabante (1477–1482) Conde de Borgoña Duquesa Duquesa de Borgoña |
Familia | Dinastía Valois |
Cónxuxe | Maximiliano I de Habsburgo (1477 (Gregoriano), 1477 (Gregoriano)–) |
Fillos | Filipe I de Castela, Margarida de Austria, duquesa de Savoia, Francis of Habsburg (en) |
Pais | Carlos o Temerario e Isabel de Bourbon (pt) |
Parentes | Adolph of Cleves, Lord of Ravenstein (en) (tío) Luís II da Hungria (pt) (husband of grand-daughter (en) ) Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico (neto) Fernando I, Sacro Emperador Romano-Xermánico (neto) |
Filla única do duque de Borgoña Carlos o Temerario (1433-1477), e de Isabel de Borbón (1437-1465), pasou a maior parte do seu reinado (1477-1482) defendendo os seus dereitos á herdanza do seu pai, disputada polo rei de Francia.
O seu matrimonio, en 1477, co arquiduque Maximiliano de Austria, futuro emperador do Sacro Imperio Romano, deu paso a case dous séculos de hexemonía dos Habsburgo na xeopolítica de Europa.
Foi a nai de Filipe o Fermoso e, polo tanto, avoa de Carlos V (ao que ela non chegou a coñecer).