Metro de Sofía
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Metro de Sofía (en búlgaro: Софийското метро) é o primeiro e único sistema Metro en Bulgaria, situado na cidade de Sofía. Comezou a operar o 28 de xaneiro de 1998 e conta con 43 estacións e catro liñas cunha lonxitude aproximada de 48 km (agosto de 2020). A primeira liña vai dende o barrio de Obelya até o bulevar Tsarigrasko Shose e ten unha lonxitude de 24,96 km e 20 estacións. A segunda liña con 11 km e 11 estacións comezou a operar o 31 de agosto de 2012 dende o barrio de Lozenets até Lomsko Shose. As dúas liñas atópanse na estación central de Serdika.
Metro de Sofía Софийски метрополитен | |||
---|---|---|---|
Información | |||
Dono | Stólichna obshtiná (Concello de Sofía) | ||
Tipo | Metro | ||
Liñas | |||
Estacións | 43 | ||
Pasaxeiros (día) | ~410 000 ao día (2020)[1] | ||
Sitio web | metropolitan.bg | ||
Operacións | |||
Inauguración | 28 de xaneiro de 1998 | ||
Operador(es) | Metropolitan Sofia | ||
Ancho de vía | 1435 mm | ||
Vel. media | 39 km/h | ||
Vel. máxima | 90 km/h | ||
|
As primeiras 8 estacións da liña 3 inauguráronse o 26 de agosto de 2020. Outras 4 estacións foron inauguradas a primeiros do ano 2021. Con todas as ampliacións e segundo o planificado, o metro de Sofía terá 65 km.