Miami Heat
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Miami Heat son un equipo de baloncesto da NBA, na cidade de Miami (Florida). Xogan os seus partidos como locais no American Airlines Arena, e forman parte da División Sueste da Conferencia Leste da National Basketball Association (NBA).
Miami Heat | |
---|---|
Información xeral | |
Conferencia | Leste |
División | Sueste |
Fundación | 1988 |
Cores | Vermello, negro |
G League | Sioux Falls Skyforce |
Retirados | 6 (1, 3, 10, 23, 32, 33) |
Localización | |
Cidade | Miami, Florida |
Pavillón | American Airlines Arena |
Capacidade | 19.600 espectadores |
Inauguración | 31 de decembro de 1999 |
Persoal | |
Propietario(s) | Micky Arison |
Director | Pat Riley |
Adestrador | Erik Spoelstra |
Títulos | |
Campión | 3 (2006, 2012, 2013) |
Conferencia | 7 (2006, 2011, 2012, 2013, 2014, 2020, 2023) |
División | 16 (1997, 1998, 1999, 2000, 2005, 2006, 2007, 2011, 2012, 2013, 2014, 2016, 2018, 2020, 2022, 2023) |
heat.com |
O equipo foi fundado en 1987 grazas á expansión da NBA en 1988 e nas súas ringleiras xogaron estrelas da liga coma Alonzo Mourning, Glen Rice, Tim Hardaway, Shaquille O'Neal, Dwyane Wade ou LeBron James. Os Heat gañaron o seu primeiro título de campión na tempada 2005-06, tras vencer a Dallas Mavericks por 4-2. Seis tempadas máis tarde, os Heat conseguiron o seu segundo campionato, na tempada 2011-12, tras gañar ós Oklahoma City Thunder por 4-1, repetindo ao ano seguinte ante San Antonio Spurs por 4-3. Miami apareceu en playoffs en 19 das 28 tempadas nas que participou na NBA. Ademais do anel, os Heat contan con 15 títulos de división, a maioría deles logrados nas tres épocas máis gloriosas da franquía: de 1997 a 2000, e de 2005 a 2007, e de 2011 a 2014.