Modelo:Extracto/uso
From Wikipedia, the free encyclopedia
Este modelo serve para reutilizar calquera parte de calquera páxina en calquera outra páxina. Esta práctica ten varias vantaxes:
- Reduce o mantemento, xa que evita contido duplicado que se debe actualizar independentemente
- Mellora a cualidade do contido, xa que incentiva a fusión de contidos relacionados no canto de ter múltiplas versións do mesmo en diversos graos de desenvolvemento e actualización
- Fomenta a colaboración, xa que canaliza contribuíntes ós mesmos artigos no canto de traballar en paralelo
Utiliza os módulos: |
Este modelo emprega TemplateStylesEN: |
Tamén ten varias desvantaxes:
- Obstaculiza a edición, xa que se ten que ir ó subartigo para realizar mudanzas no artigo principal
- Reduce a precisión, xa que un extracto dun artigo non sempre encaixa de xeito perfecto nun artigo novo
- Diminúe a visibilidade das novas mudanzas, xa que estas se fan no subartigo e non aparecen na lista de vixilancia dos usuarios do artigo principal
Este modelo estende as capacidades da transclusión normal.