Muhammad al-Idrisí
From Wikipedia, the free encyclopedia
Abu Abdullah Muhammad al-Idrisí al-Qurtubí al-Hasaní as-Sabtí (en árabe: أبو عبد الله محمد الإدريسي القرطبي الحسني السبتي; en latín: Dreses), coñecido tamén simplemente como Al-Idrisí ou El-Edrís, e como O Árabe de Nubia,[1] foi un xeógrafo, cartógrafo e exiptólogo musulmán do século XII,[2][3] que pasou a maior parte da súa vida en Palermo, Sicilia, na corte do rei normando Roxerio II. Creou o Kitāb Rūŷar ou Libro de Roxerio, unha obra xeográfica cuxa cartografía denomínase Tabula Rogeriana, un dos mapamundis lmedievais máis avanzados.
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Estatua de al-Idrisí exhibido o seu mapamundi baixo o baluarte dos Mallorquíns de Ceuta | |
Nome orixinal | Abu Abdullah Muhammad al-Idrisí al-Qurtubí al-Hasaní as-Sabtí |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1100 Ceuta, Califato almorábide (ou en Mazara del Vallo, Sicilia) |
Morte | Contra 1166 ou contra 1175 Ceuta, Califato almorábide (ou en Sicilia) |
Datos persoais | |
Relixión | Islam |
Coñecido por | Kitāb Rūŷar (Libro de Roxerio) Tabula Rogeriana |
Actividade | |
Campo de traballo | Cartografía, xeografía e viaxe |
Lugar de traballo | Al-Andalus Sicilia Andalucía |
Ocupación | Cartógrafo, xeógrafo, exiptólogo, historiador, botánico, escritor |
Lingua | Árabe |
Obra | |
Obras destacables
|
Pechar