Museo Real do Exército dos Países Baixos
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Koninklijk Nederlands Legermuseum (en galego: "Museo Real do Exército dos Países Baixos), máis coñecido pola súa forma abreviada Legermuseum, foi o museo nacional das Forzas Armadas dos Países Baixos, con sede no edificio coñecido como Armamentarium, ao pé da canle Oude Delft, na vila surholandesa de Delft, desde 1986 ata 2013. O edificio recibiu a consideración de monumento nacional dos Países Baixos (rijksmonument) en 1967.[1]
Datos rápidos Museo Real do Exército dos Países Baixos(Koninklijk Nederlands Legermuseum) Edificio Armamentarium, Edificio ...
Museo Real do Exército dos Países Baixos (Koninklijk Nederlands Legermuseum) Edificio Armamentarium | |
---|---|
O edificio Armamentarium en 2005, cando aínda albergaba o Legermuseum | |
Edificio | |
Tipo | Edificio histórico |
Localización | Delft Holanda Meridional Países Baixos |
Coordenadas | 52°00′23″N 4°21′36″L |
Uso(s) | De 1986 a 2013: Legermuseum (museo militar). Actualmente: sede da TU Delft e outros. |
Construción | |
Construción | 1601-1602 |
Remodelación | 1660 e 1692 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
A partir dese ano fusionouse co Museo da Aviación Militar (Militaire Luchtvaartmuseum), vinculado á antiga base aérea de Soesterberg, na provincia de Utrecht, onde se estableceu o novo Museo Militar Nacional (Nationaal Militair Museum).