Nélida Piñon
escritora brasileira / From Wikipedia, the free encyclopedia
Nélida Cuinas Piñon, coñecida como Nélida Piñón,[1] nada no Río de Xaneiro o 3 de maio de 1937 e finada en Lisboa o 17 de decembro de 2022, foi unha escritora brasileira. Foi presidenta da Academia Brasileira de Letras, sendo a primeira muller en presidila, e académica de honra da Real Academia Galega.[2] O seu nome é un anagrama do nome do avó, Daniel.[3] Foi considerada unha das maiores escritoras do Brasil.[4]
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (pt) Nélida Cuíñas Piñón 3 de maio de 1937 Río de Xaneiro (Brasil) |
Morte | 17 de decembro de 2022 (85 anos) Lisboa (Portugal) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España (2021–) Brasil |
Educación | Pontifícia Universidade Católica do Rio de Janeiro (pt) |
Actividade | |
Ocupación | escritora , novelista , editora literaria |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá e lingua portuguesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios
| |
Pechar
En novembro de 2021 o Consello de Ministros concedeulle a nacionalidade española que asumiu formalmente nun acto no consulado español no Río de Xaneiro en xaneiro de 2022.[5]