Narcos (serie de televisión)
Serie de televisión estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Narcos é unha serie de televisión estadounidense creada e producida por Chris Brancato, Carlo Bernard e Doug Miro. A tempada 1, formada por 10 episodios, foi emitida o 28 de agosto de 2015 a través de Netflix.[1] Ambientada e rodada en Colombia, a tempada 1 conta a historia do narcotraficante Pablo Escobar, que se converteu en billonario a través da produción e distribución de cocaína, e das interaccións de Escobar con outros señores da droga e con axentes da DEA.[2][3] A serie foi renovada para unha segunda tempada o 3 de setembro de 2015, a cal se estreou no 2016.[4][5] A terceira tempada estreouse o 1 de setembro de 2017.[6]
Formato | Crime e suspense |
---|---|
Creado por | Chris Brancato Carlo Bernard Doug Miro |
Desenvolvido por | José Luis Escolar Paul Eckstein |
Intérpretes | Wagner Moura Boyd Holbrook Pedro Pascal |
Tema de apertura | "Tuyo" de Pedro Bromfman |
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés e español |
Temporadas | 3 |
Episodios | 30 (Lista de episodios) |
Produtor(es) executivo(s) | Chris Brancato Katie O'Connell Carlo Bernard Doug Miro |
Localización(s) | Colombia |
Duración | 43-57 minutos |
Distribuidor | Gaumont International Television |
Canle de orixe | Netflix |
Formato de imaxe | 1080i (16:9 HDTV) |
Primeiro episodio | 28 de agosto de 2015 |
Derradeiro episodio | 1 de setembro de 2017 |
Na rede | |
https://www.netflix.com/title/80025172 | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
O 18 de xullo de 2018, os directores anunciaron que a cuarta tempada sería como unha nova serie orixinal de Netflix, titulada Narcos: Mexico. A nova serie, estreada o 16 de novembro de 2018[7] está ambientada no México da década de 1980.[8]