Neil Percival Kenneth Robert Ragland Young, máis coñecido por Neil Young, nado en Toronto o 12 de novembro de 1945, é un músico e compositor de orixe canadense, que fixo a súa carreira nos Estados Unidos. Coñecido pola súa voz nasal e as súas letras, Young é unha lenda do rock estadounidense, aínda que o seu estilo musical transita entre o folk e o country rock, alternando con álbums máis pesados onde algunhas cancións aproxímanse ao hard rock, con guitarras sucias e longos solos con moita distorsión. Os seus concertos son verdadeiras celebracións de rock normalmente acompañado da banda Crazy Horse, que o acompaña desde o inicio da súa carreira.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Neil Young (2016) |
Biografía |
---|
Nacemento | (en) Neil Percival Young 12 de novembro de 1945 (78 anos) Toronto, Canadá |
---|
|
|
|
|
Datos persoais |
---|
Outros nomes | Bernard Shakey Don Grungio |
---|
Residencia | Omemee (en) Toronto Pickering (pt) Winnipeg |
---|
País de nacionalidade | Canadá Estados Unidos de América |
---|
Educación | Kelvin High School (en) |
---|
Actividade |
---|
Lugar de traballo | Os Ánxeles |
---|
Ocupación | cantante , pianista , actor , actor de cinema , guitarrista , compositor de cancións , produtor musical , músico , autobiógrafo , cantautor , director de cinema , realizador |
---|
Período de actividade | 1961 - |
---|
Membro de | |
---|
Xénero artístico | Música country, Grunge, música rock, Rock experimental, Blues, folk rock, country rock, Southern rock, hard rock, rockabilly e Rock alternativo |
---|
Lingua | Lingua inglesa |
---|
Tesitura | Tenor
|
---|
Instrumento | Guitarra, violín, Harmónica, órgano, piano, Banjo e voz |
---|
Selo discográfico | Atco Records Reprise Records Warner Music Group Warner Bros. Records Motown Atlantic Records Group Geffen Records Atlantic Records |
---|
Participou en |
---|
|
13 de xullo de 1985 | Live Aid (pt) |
1973 | Mariposa Folk Festival 1973 (en) |
|
Familia |
---|
Cónxuxe | Pegi Young (1977–2014) Daryl Hannah |
---|
Parella | Carrie Snodgress (1971–1975) |
---|
Pai | Scott Young (en) |
---|
Irmáns | Astrid Young (en) |
---|
|
|
Páxina web | neilyoungarchives.com |
---|
|
Pechar
Young tamén dirixiu (ou co-dirixiu) varias películas usando o pseudónimo de Bernard Shakey. Algunhas destas películas son Journey Through the Past (1973), Rust Never Sleeps (1979), Human Highway (1982) e Greendale (2003).