![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b9/New_York_Knicks_2013.jpg/640px-New_York_Knicks_2013.jpg&w=640&q=50)
New York Knicks
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os New York Knicks (ou New York Knickerbockers) son un equipo de baloncesto profesional que ten a súa base na cidade de Nova York. Xogan na División Atlántico da Conferencia Leste da National Basketball Association (NBA). Fundada en 1946, a organización foi membro fundador da Basketball Association of America (BAA), e se converteu en membro da NBA en 1949.
Datos rápidos Información xeral, Conferencia ...
New York Knicks | |
---|---|
![]() | |
Información xeral | |
Conferencia | Leste |
División | Atlántico |
Fundación | 1946 |
Cores | Azul, laranxa |
G League | Westchester Knicks |
Retirados | 9 (10, 12, 15, 15, 19, 22, 24, 33, 613) |
Localización | |
Cidade | ![]() |
Pavillón | Madison Square Garden |
Capacidade | 19.812 espectadores |
Persoal | |
Propietario(s) | Madison Square Garden, Inc. |
Director | Steve Mills |
Adestrador | David Fizdale |
Títulos | |
Campión | 2 (1970, 1973) |
Conferencia | 8 (1951, 1952, 1953, 1970, 1972, 1973, 1994, 1999) |
División | 5 (1971, 1989, 1993, 1994, 2013) |
knicks.com |
Pechar
Os Knicks son un dos dous equipos da NBA orixinal que aínda están na súa cidade orixinal; os outros son os Boston Celtics. Durante os seus primeiros anos na liga tiveron moito éxito e xogaron habitualmente os playoffs. A comezos de 1950, os Knicks chegaron tres anos consecutivos ás Finais da NBA, perdendo as tres finais.